Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza o curso de cestería de reciclaxe para adultos en Lourenzá

ceste-louLourenzá, 15 de novembro de 2016. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, inaugurou o curso de cestería de reciclaxe para adultos, que empezou este luns con 11 participantes.

A rexedora explicou que “terá lugar todos os luns de catro a sete e media da tarde na Casa da Xuventude e prolongaranse ata o 19 de decembro. Nesta primeira clase os asistentes comezaron por aprender as técnicas básicas para elaborar un cesto a partires de follas de periódico e revistas. É incrible ver como dun simple periódico pode saír un cesto para a roupa ou incluso un lapiseiro”.

Este curso está organizado polo Concello de Lourenzá e a Deputación de Lugo a través do Centro de Artesanía e Deseño (Centrad).

Exit mobile version