Site icon Crónica3.com A Mariña

Certames de Nadal da Biblioteca Pública de Burela

A Biblioteca Pública de Burela organiza de cara ao NADAL 2016 dous certames: Poesía Infantil “Nadal 2016” e Postais “Nadal 2016”.

No Certame de Postais poderan participar nenos e nenas coas súas postais sobre o Nadal, a técnica será libre e o tamaño aproximado de 15×21 cm. pechada e 30×21 cm. aberta en cartulina.
Estableceranse tres premios por categoría (Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria, 3º e 4º de Primaria e 5º e 6º de Primaria) .Os traballos entregaranse na Biblioteca antes do 16 de decembro.
Tódolos traballos serán expostos ao público na Sala de Arte da Casa da Cultura durante o Nadal.

No Certame de Poesía, poderán participar tódolos nenos, con poemas sobre “O Nadal”.

Establécense tres categorías (A , ata 8 anos, B de 9 a 11 anos, C de 12 a 16 anos).O plazo de presentación dos poemas será o 23 de decembro.
Cada neno poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio.
Os traballos premiados participarán na fase provincial do certamen , convocada pola Biblioteca Nodal de Lugo.

Exit mobile version