Barreiros tamén conmemora o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero
edicion2
Barreiros conmemorou o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero con diversas actividades na praza do Concello. Alí tivo lugar unha concentración e gardouse un minuto de silencio polas vítimas desta lacra e deuse lectura a un manifesto. Tamén se entregaron os premios aos gañadores e gañadoras do II Concurso de Debuxo Din non á violencia de xénero, no que participou o alumnado de primaria dos CEIP de San Cosme de Barreiros e de San Miguel de Reinante. O encargado de entregar os agasallos foi o alcalde, Alfonso Fuente.
O eslogan elixido para a conmemoración do 25N foi Móvete contra a violencia de xénero, de aí que os asistentes á concentración e aos actos desenvolvidos na tarde-noite do venres protagonizasen unha coreografía de aerobic, segundo explican desde o departamento de Servizos Sociais do Concello barreirense.