Site icon Crónica3.com A Mariña

Agustín Martín, director técnico nacional de TaiJitsu, impartía en Burela un curso de defensa persoal

Burela, 23 de novembro de 2016 – Durante a fin de semana celebrouse durante o sábado en A Coruña e o domingo en Burela o Curso de especialista en Defensa Personal, que concentrou a unha treintena de participantes durante o sábado e unha ducia durante o domingo.

Como ven sendo habitual, os compoñentes da Asociación de Artes Marciales Orientales da Mariña, co Mestre Miguel A. Rojo á cabeza e o subcampión de España Joel Romero, asistiron en representación da nosa comarca á cidade da Coruña. A fin de semana foi intensa xa que practicouse TaiJitsu, modalidade de Defensa Personal que ven sendo practicada no local da Asociación en Burela e agora tamén en Viveiro tódolos Martes e Xoves. O Curso impartido por Agustín Martín, mestre 8ºDAN da disciplina e Director Técnico Nacional da mesma, que víu dende Madrid, consistiu en ensinar as distintas técnicas de defensa e ahondar nas distintas combinacións para repelir unha agresión ou reducir da forma máis eficiente a un agresor.

Para os membros da Asociación de Artes Marciais “é toda unha honra contar con todo un mestre coma Agustín, que dedique unha fin de semana a vir dende Madrid a Burela para traballar e perfeccionar as distintas técnica e movementos, para facer que o difícil pareza fácil e aplicar as técnicas na vida real ante un ataque ou agresión”.

Exit mobile version