Ribadeo, 28 de novembro de 2016. A directiva de Acisa fai unha valoración positiva do Black Friday, que se celebrou do 25 ao 27 de novembro en 40 establecementos comerciais de Ribadeo.
Desde Acisa, o seu presidente, David Martínez, sinala que “o Black Friday reactivou a economía en Ribadeo, nun dos meses máis tranquilos de consumo, o que augura unha boa campaña do Nadal”.
E engaden: “o resultado deste fin de semana é bo, segundo comentáronnos os nosos asociados, houbo moito ambiente polas rúas de Ribadeo e rexistráronse vendas importantes… aínda que é certo que os días antes ao Black Friday o consumo atopábase un pouco parado”.