Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta realiza este martes un simulacro cunha proba de sereas de aviso á poboación na presa do Río Covo

A Xunta de Galicia ten previsto realizar este martes un proba das sirenas de aviso á poboación adscritas aos Plans de Emerxencia das Presas do Río Cobo e o seu dique de collado, en Cervo, e as presas de Touro e Brandariz, no río Ulla, nos concellos de Touro e Vila de Cruces. Esta proba se realizará coa colaboración dos titulares das infraestruturas, Alcoa, Gas Natural Fenosa e PHG, Augas de Galicia, persoal dependente da Consellería de Medio Ambiente, así como membros de Protección Civil dos concellos afectados.

O sinal de aviso de alerta e fin de alerta será audible a partir das 10:30 da mañá do día 29, nos núcleos de San Cibrao en Cervo, e no entorno do Ulla nos concellos de Touro e Vila de Cruces. Esta proba, que terá unha duración de 5 minutos, non afectará á actividade diaria dos veciños. Con esta proba se pretenden acadar dous obxectivos principais; dunha banda garantir a operatividade dos sistemas, e doutra que a poboación das zonas afectadas recoñeza o son da sirena de aviso de evacuación.

En Galicia, nestes intres, hai 36 plans de emerxencia de presa aprobados, dos que 14 se atopan na bacía de Galicia-Costa. Os obxectivos que se perseguen con este tipo de plans é ter definidas as estratexias para facer fronte a situacións que comporten risco de rotura ou avaría grave, coñecer as zonas que quedarían anegadas en caso de rotura, e ter previstos os sistemas de aviso tanto á poboación, como aos organismos xestores de Emerxencias; son plans que buscan estar o mellor preparados posible para situacións que comporten riscos nestas instalación, e deste xeito garantir a seguridade dos cidadáns do entorno.

Estas probas estarán supervisadas polo Director Xeral de Emerxencias e Interior que se desprazará ás instalacións da presa de Touro para comprobar in situ a activación da sirena desde a sala de emerxencias, acompañado por técnicos desta dirección xeral, de Augas de Galicia e da propia empresa.

Aposta pola prevención
Desde a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior se quere subliñar a importancia que teñen este tipo de exercicios, xa que dan a coñecer á poboación da zona as medidas de autoprotección a aplicar en caso dunha emerxencia destas características, ademais de mellorar a coordinación efectiva entre as administracións e as empresas para garantir a seguridade na zona.

Exit mobile version