Xa está á venda a lotería de Nadal da Comisión de Festas de Burela en varios comercios e tendas da localidade. Calquera establecemento que queira tela a véndaa no seu negocio pode chamar ao seguinte número de teléfono: 608 15 81 70. A Comisión de Festas de Burela aproveita a ocasión para desexarlles moita sorte a tod@s os que adquiran estas participacións da lotería, que se venden ao prezo de 5 euros (1 deles de recarga).
Desde a Comisión de Festas de Burela, José Díaz, anuncia que “despois de varios anos sen ela podemos confirmar para en 2017 teremos a actuación estelar dos venres. Será un grupo musical punteiro a nivel nacional. Era algo que nos demandaba moita xente en Burela e cremos que merece a pena esforzarnos todos un pouco máis para recuperar algo que caracterizaba ás festas burelenses, unhas das máis importantes da provincia de Lugo”.