Burela, 29 de decembro de 2016. A UAD instalará o vindeiro xoves, 1 de decembro, unha mesa informativa a carón do centro de saúde burelés para conmemorar o Día Mundial da Sida, segundo informa a Concellería de Sanidade. A mesa, na que haberá dípticos sobre esta enfermidade, estará operativa entre as 10 e as 14 horas.
Entre as actividades que se levarán a cabo por mor desta celebración farase unha pegada de carteis para promover a prevención, ademais da distribución de calendarios co slogan “Previr a SIDA día a día”. E tamén se fará entrega de material nos centros educativos para informar, recordar e fomentar a prevención de condutas de risco.
Diante desta conmemoración, o Día Mundial da Sida, celebrouse tamén o XIV Certame de Carteis e este ano como novidade tivo lugar un concurso de fotografía.
Os gañadores segundo as categorías foron na de 12 a 25 anos para o grupo de alumnos de 2º da ESO do Colexio do Pilar de Foz; na de 25 a 99 anos o gañador foi Jesús Díaz Piñeiro, de Burela; e na de asociacións de usuarios con necesidades especiais o premio foi para José Antonio Gradaille de ASPANANE.
A entrega de premios terá lugar na Unidade de Atención de Drogodependencias de Burela o xoves, 1 de decembro, ás 18:00 horas.