Hai prazas ilimitadas nos balnearios de Pantón, Pambre e Guitiriz. No de Lugo polo de agora hai 59 prazas, pois houbo ducias de solicitudes nas últimas semanas. Todas elas inclúen 20 técnicas terapéuticas, sen estancia. Contan con descontos superiores aos 100 euros grazas ao Lugo Termal. Pois os prezos son de 199 euros en Termas de Lugo e no Balneario de Guitiriz, e de 210 euros en Augas Santas e Río Pambre.
A maiores, a Deputación tamén pon a disposición de lucenses maiores de 55 anos a través do Lugo Termal outras 223 prazas subvencionadas, que inclúen técnicas terapéuticas e estancia. Concretamente, ofrécense 6 días con 5 noites, pensións completas, 8 técnicas de saúde, recoñecemento médico, programas de animación sociocultural e de atención para persoas con capacidades diferentes. Todo isto por un prezo de 190 euros graza á axuda económica da Deputación.
Estas 223 prazas subvencionadas con tratamentos e estancia distribúense do seguintes xeito: 149 prazas no balneario de Guitiriz, 72 no de Palas de Rei e 2 no de Lugo. Son as derradeiras desta índole, das 600 que en total ofreceu a Deputación.
Sen prazas con estancia en Pantón
Campos Conde informou sobre esta programación nun encontro en Pantón que mantivo este martes con 30 lucenses maiores de 55 anos, que están a disfrutar das prazas subvencionadas pola Deputación no balneario de Augas Santas. O Presidente destacou o “éxito” do Lugo Termal, pois cubríronse, en menos de dous meses, 377 prazas con tratamentos e estancia, subvencionadas pola Deputación. Isto supón que estean cubertas máis do 60% das mesmas, pois o ofertáronse un total de 600. De feito, no balneario de Pantón esgotáronse as prazas subvencionadas pola Deputación, que inclúen estancia.