As asociacións de sendeirismo Terras de Lourenzá e Pasada das Cabras de Burela percorreron, este sábado, a décima etapa do Camiño Norte, entre as poboacións de Castro en Sobrado dos Monxes e Arzúa. O máis destacado desta etapa, de 17 km é a igrexa románica de Santa María en Sendelle, que alberga uns interesantes frescos restaurados. Polo demais é un tramo que carece de interese, sobre todo pola cantidade de asfalto no percorrido. Participaron un total de 70 senderistas e o sol acompañounos toda a xornada, excepto no principio da mesma que había algún banco de néboa. No restaurante Casa Carballeira de Arzúa prepararon un fantástico menú para repoñer as enerxías gastadas. A próxima etapa será o sábado 12 de novembro para percorrer a 11ª etapa que discorre entre Arzúa e Pedrouzo.
Décima etapa do Camiño para Terras de Lourenzá e Pasada das Cabras
Décima etapa do Camiño para Terras de Lourenzá e Pasada das Cabras
Relacionado
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros