Xove 1-9-16. Este xoves abriron de novo as portas a Piscina Municipal de Xove, despois dunhas reformas que afectaron principalmente ás gradas da mesma, incluíndo ademáis elementos de protección nas escaleiras de entrada interior á piscina e nas escaleiras de entrada ás gradas.
O proxecto de reforma na piscina tivo por obxeto o acondicionamento e mellora da seguridade nas gradas, toda vez que o uso continuado das mesmas ao longo de máis de 30 anos supuxo un deterioro das mesmas, e asemade, o servizo que estas instalacións están dando, tanto ao propio concello de Xove como as localidades veciñas, e os diferentes campionatos que se veñen desenvolvendo ao longo do ano nestas instalacións, fai que fose de todo punto obrigado levar a cabo estes traballos de mellora e seguridade, co remozaento das mesmas, asi como a disposición dos pasamans regulamentarios, dando cumprimento ás normativas e reglamentos correspondentes.
Nas gradas pasouse de ter banco corrido á instalación de 250 asientos, sen respaldo, de propileno. Tamén se sustituiron as antigas barandillas metálicas de seguridade das gradas e da entrada interna dos usuario por unha nova máis moderna e funcional, neste caso acristalada.
O investimento total nestas obras foi de 38.489,79 €uros, os cales foron financiados na cunha subvención para mellora de infraestruturas municipais de 30.791,83 €uros a cargo da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, sendo a cantidade restante a cargo do noso Concello.
Ademáis, aproveitando estas obras, por parte do personal municipal procedeuse a eliminación dalgunhas humidades nas distintas dependencias da Piscina e ao pintado/remozado dalgunhas zonas da mesma. Tamén, nestes intres, estase a proceder ao cambio de sistema de control de entrada na piscina, sustituindo o actual por un máis moderno, electrónico de carácter dixital.
En definitiva, reformas que actualizan o equipamento da piscina e que, sen dúbida, van contribuir a unha mellora no seu uso por parte de tódolos usuarios.