Site icon Crónica3.com A Mariña

O mellor banco do mundo terá unha mellor comunicación

LOIBAOrtigueira 1-9-16. A petición do  Alcalde de Ortigueira e Deputado Provincial, Juan Vicente Penabad Muras,  a  Deputación de A Coruña procederá a ensanchar a estrada de acceso ao mellor banco do mundo.

En datas próximas publicarase a licitación da redacción do proxecto da obra de ampliación e mellora vial que está  prevista para o ano que ven.

Ca futura obra, o rexedor municipal pretende mellorar a seguridade de vehículos e peóns poñendo  así fin a aos problemas de circulación que na actualidade sofren os veciños/as e visitantes que se achegan aos cantís de Loiba. Un dos puntos de maior afluencia turística e visitas da comarca do Ortegal.

Unha das maiores preocupación do rexedor municipal é a de compatibilizar a forte demanda turística suscitada por este mirador ao Atlántico da costa de Loiba coa tranquilidade e seguridade dos veciños/as, e a conservación do paraxe natural desta parroquia Ortegana, para o futuro.

Superada a fase máis urxente das comunicacións, o Concello  pretende elaborar un plan director para a paisaxe da zona costeira de Loiba co obxectivo de sentar as bases futuras cara un turismo sustentable e respectuoso co medio.

A primeiros do mes de agosto, e por iniciativa municipal, instalouse un dispositivo contador de vehículos para ter constancia de datos reais da afluencia de visitantes. Cifras cas cas que  o Concello traballará cara a elaboración dese plan director e da declaración de municipio de interese turístico.

Exit mobile version