As tres veciñas que ocuparon os primeiros postos recibirán cadanseu diplomas e unha recompensa económica que ascende a unha contía de 200 euros para o primeiro posto; 200 euros para o segundo e 150 euros para o terceiro. A entrega de premios farase este domingo ás doce e mediua horas no salón de plenos do Concello mindoniense e estará presidida pola rexedora, Elena Candia.
Alta participación
O concelleiro de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García Fernández, destacou “a enorme participación e a boa acollida que tivo o certame”. García precisou que “estamos moi satisfeitos co éxito que tivo, pois apuntáronse ao certame unhas 40 persoas e outras tantas decoraron as súas fachadas aínda sen anotarse”.
O concelleiro precisou que o xurado estivo composto por dous mestres de xardinería do IES San Rosendo, unha arquitecta e un membro da mancomunidade de turismo da Mariña. Ademais apuntou que “todos os membros destacaron o bo nivel das ornamentacións, o que dificultou moito a cualificación”.
García avanzou que “dado o gran éxito que tivo este certame entre os veciños e veciñas mindonienses decidimos que seguiremos organizándoo en anos vindeiros”.