Site icon Crónica3.com A Mariña

Mellorada a seguridade no polígono industrial de Camba en Xove

O Concello de Xove vén de instalar un sistema de videovixilancia no Polígono Industrial de Camba coa instalación de 7 videocámaras por todo o polígono.

Esta actuación responde a unha petición das empresas instaladas na área, e tamén a un compromiso asumido polo propio Concello coas empresas, razón pola cal con esta actuación dáse solución ás súas demandas de mellora da seguridade no Parque Empresarial.

Con isto consíguense varios obxectivos:

-Mellorar a seguridade do polígono e o seu entorno. Esta mellora supón tamén un reforzamento das propias medidas xa en uso no polígono.

-Diminuir os costes en vixiancia das propias empresas e do Concello, xa que con este sistema, que engloba a totalidade do polígono, algunhas empresas van aforrar o custo que supón manter sistemas de vixilancia propios.

Por outra parte, o noso Concello atópase neste momento tramitando as autorizacións preceptivas para poder cumprir coa Ley de Protección de Datos.

O investimento nesta actuación foi de 13.673,34 €uros, dos cales contamos cunha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria de 10.938,67 € (80 %), correndo o restante 20 % a cargo do Concello.

Exit mobile version