Burela. 1 de setembro de 2016. A asociación de axuda ao enfermo mental “A Mariña” celebra este venres dia 2 de setembro, a inauguración oficial do Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela ( Rúa da Estación, nº 11- baixo ) , que conta con 25 prazas para persoas con enfermidade mental de entre 16 e 65 anos.
O acto celebrarase a partir das 19 horas e contará coa presenza de autoridades, Xunta Directiva da Asociación, familiares de persoas com enfermidade mental crónica, usuarios e técnicos dos diferentes dispositivos complementários de atención.
O acto comezará co recibimento de todos os invitados . A directora de “A Mariña”, Dna. María José Nóvoa fará unha visita guiada polas instalacións, que rematará coa intervención das diferentes autoridades e a Presidenta da Asociación, Dna. María Iris Castro Meitín.
Para finalizar, celebrarase un ágape de confraternidade amenizado polo grupo folclórico Arume de Burela, quen colabora nesta xornada de forma desinteresada.
O traslado de Centro a estas novas dependências supón um salto cualitativo na atención ás persoas com enfermidade mental, xa que a súa ubicación frente á estación de autobuses e trens vai facer mais doada a asistencia ó Centro así como a integración no núcleo da comunidade. Un cambio de ubicación pero mantendo sempre os nosos obxetivos:
“Mellorar a calidade das persoas com enfermidade mental e das súas famílias”
“Manter á persoa con enfermidade mental no contorno comunitario, dar apoio ás familias e prestar servizos de rehabilitación psicolóxica e social, mediante unha atención integral (psicolóxica, social e ocupacional).
A asociación de axuda ao enfermo mental “A Mariña foi fundada en 1999 por famílias afectadas pola problemática da enfermidade mental, que uniron os seus esforzos para loitar por um obxectivo común: acadar que a este colectivo e ás súas familias se lles preste unha axuda e asistencia continuada.
A asociación conta con Centros de Rehabilitación Psicosocia en Burela e Ribadeo e cun piso protexido tamén na localidade de Burela . Conta ademais com unha Unidade Residencial em Cervo, a única especializada para doenzas mentais de toda a província.
Estamos integrados en “Saúde Mental Feafes Galicia”, Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia . Esta é unha entidade sen ánimo de lucro, creada en 1995 e que actualmente agrupa a 14 asociacións repartidas por toda a comunidade galega, con centros e servizos en 28 localidades.
O seu obxetivo é mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental e a dos seus familiares. A través dos recursos de Feafes Galicia atende a un total de 2.750 persoas. A entidade ofrece gratuitamente unha serie de servizos para mellorar a calidade de vida deste colectivo e defende os seus dereitos e necesidades. Ademais, asesora e representa ao movemento asociativo e leva a cabo campañas antiestigma e de sensibilización sobre a enfermidade mental.