Esta programación contempla 2 liñas de actuación:
– axudas de entre 300 e 8.000 euros para programacións de carácter anual, que supoñen a principal actividade, ou conxunto de actividades, da entidade asociativa
– axudas de entre 300 e 6.000 euros para actividades con carácter puntual, entendendo como tal, aqueles eventos importantes, programados con antelación, para un determinado momento no tempo
Cómpre salientar que o Goberno da Deputación decidiu ofrecer as asociacións culturais da provincia que finalmente resulten beneficiados un anticipo da axuda do 80%.
Baremos sociais
Como novidade, incluíronse por primeira vez criterios socias nas bases destas subvencións. Puntuarase favorablemente os proxectos para actividades dirixidas á terceira idade, á persoas con capacidades diferentes, á mulleres, cativos e á mocidade. Ademais, terase en conta a dispersión territorial e poboacional para primar aquelas programacións que se leven a cabo en pequenas localidades, especialmente no rural. Tamén se valorará o impacto e repercusión da actividade cultural entre a sociedade ou o fomento da cooperación e traballo entre as distintas asociacións culturais.