O programa electoral e as propostas presentadas no seu marco son o contrato de fidelidade entre as forzas políticas e os representados.
Dende CxG temos claro que isto é asi, non pode ser doutro xeito. Pero analizando a traxectoria e programa de outros partidos ficamos sorprendidos e entendemos que a opinión pública ten que valorar certas cuestións.
O BNG está, estivo e sempre se pronunciou contra as Deputacións Provinciais, non entendemos entonces a súa participación nas mesmas, mesmo no seu goberno, cando poderían ter renunciado.
CxG defende a desaparición total das Deputacións, son un ente anacrónico que soamentes serve para colocar persoal político e facer política clientelar. Por riba son o ente máis complicado de fiscalizar e teñen un elevado orzamento que non chega todo a sociedade.
Diante de esta situación pedimos publicamente o BNG que abandone en Galicia estes entes, e que fagan XA, demostrando de ese xeito que a palabra conta en política. Feito máis loable no caso de Lugo, onde en lugar de Deputación o que temos é un circo.
Demostren dende o BNG que a política faise coa práctica, do contrario pedimos a os e as lucenses que o teñan en conta o 25 de setembro, teñen outra opción que decide e defende o Pais dende Galicia e chámase CxG. Compromiso por Galicia.