O programa, dirixido dende a Concellería de Servizos Sociais, leva varios anos realizándose, este ano houbo cerca de 90 pequenos/as que puideron participar nas distintas actividades (manualidades, talleres de cociña, excursións, coreografías, deporte,…) nos meses de xullo e agosto con horario de 10:00 a 13:00 horas.
Dende o Concello apóstase por axudar ás familias á conciliación da vida familiar e laboral sobre todo na época do verán e cada vez máis os pais/nais solicitan este tipo de programas xa que é un gran apoio nos meses estivais.
Agora tócalles (tanto ós mais pequenos como ós maiores) prepararse para disfrutar das Festas do Oito para poder empezar o curso con bo sabor de boca.