Burela, 1 de setembro de 2016. O alcalde, Alfredo Llano, e o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, asinaron o convenio por importe de preto de 400.000 euros para a realización de diversos investimentos no concello. O acto de firma tivo lugar no Pazo de San Marcos.
O rexedor explicou que “despois de ter aprobado no pleno hai uns días ese convenio, chegou a hora de asinalo e xa a vindeira semana procederemos a realizar a petición formal do 90% do importe total desa axuda para xa poñernos a traballar e a acometer as obras previstas”.
Subvencións nominativas
Por outra banda, Llano contou que “estes días procédese a asinar os convenios coas asociacións que perciben subvencións nominativas do Concello. A maioría xa foron firmados. Quedan pendentes as subvencións obxectivas, que teremos listas en breve. Estase ultimando todo o proceso para a súa concesión.