Lugo, 15 de setembro. “Pido ós galegos que confiaron en Cidadáns (C’s) o 26J, que volvan confiar en nós en Galicia o 25S” afirmou Albert Rivera durante o encontro “Mulleres Cidadás” con preto de 200 asistentes no que estivo acompañado por Cristina Losada, candidata á presidencia da Xunta de Galicia, a deputada nacional, Marta Rivera, a líder de Cidadáns en Cataluña, Inés Arrimadas e Isabel Cendán, candidata pola provincia de Lugo.
Rivera foi contundente ó afirmar que os cambios chegarán a Galicia se os escanos da formación laranxa son decisivos para que a lista máis votada poida formar un goberno “controlado, vixiado e fiscalizado por Cidadáns”.
O presidente de Cidadáns reivindicou ó seu partido como “unha alternativa limpa, coas mans libres e sen mochilas de corrupción” e puxo a disposición dos galegos “ós 32 deputados de Cidadáns no Congreso dos Deputados para impulsar melloras na calidade de vida nesta terra”. O presidente de Cidadáns reivindicou ó seu partido como “unha alternativa limpa, coas mans libres e sen mochilas de corrupción” e puxo a disposición dos galegos “ós 32 deputados de Cidadáns no Congreso para impulsar melloras na calidade de vida nesta terra”.
Cristina Losada manifestou que “xa non haberá maiorías absolutas. E cando Cidadáns sexa decisivo no Goberno da Xunta terá que darlle explicacións ós cidadáns e xestionar o diñeiro público con eficacia e garantía para os servizos públicos de calidade”.
Pola súa banda, Inés Arrimadas, líder de Cidadáns en Cataluña, fixo un chamamento aos galegos a non conformarse “cun goberno opaco e a confiar en Cidadáns para ser a forza política decisiva no Parlamento de Galicia que traballe polas melloras que merecen os gallegos”.