Lourenzá, 14 de setembro de 2016. Mañá, xoves, comeza o prazo para solicitar na Casa do Concello de Lourenzá o novo carné de fabeiro para os produtores que queiran vender nos mercados dominicais que empezarán o día 25 deste mes.
A alcaldesa, Rocío López García, fixo público un bando no que explica que “o próximo día 25 de setembro empezarán os mercados dominicais da faba, nos que só poderán vender os produtores que teñan o novo carné de fabeiro para acreditar que as fabas que o produtor vai levar proceden da área de influencia da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá. Este documento acreditativo deben solicitalo na Casa do Concello a partir deste xoves, día 15, e ata o próximo día 30 de setembro en horario de 09:30 a 13:30 horas e terá un custo de 2,08 euros”.
Ademais a rexedora municipal destaca que “é imprescindible que traian o carné de fabeiro do ano pasado” e engade que “o obxectivo é ter o control do acceso das fabas que se venden neste mercado, polo que soamente van poder acceder ao recinto aqueles fabeiros que teñan o carné”.