Site icon Crónica3.com A Mariña

A Unidade de Defensa Antiaérea operará do 18 ao 22 de setembro entre Ribadeo e San Cosme

O Mando de Defensa e Operacións Aéreas (MDOA) é o responsable das operacións de vixilancia e seguridade aérea, nos espazos aéreos de soberanía e interese nacional, misión que realiza permanentemente. O Xefe do MDOA é o xeneral Xefe do Mando Aéreo de Combate.

Entre os días 18 e 22 de setembro, unha Unidade de Defensa Antiaérea (UDAA) do Mando de Artillería Antiaérea (MAAA) do Exército de Terra operará en Lugo, baixo mando do MDOA. Despregará entre San Cosme de Barreiros e Ribadeo, integrándose no Sistema de Mando e Control (SMC) aéreo, contribuíndo ás operacións de vixilancia e seguridade aérea do sector norte do territorio nacional.

O GAAA I/74 con base en San Roque (Cádiz) lidera a UDAA achegando o núcleo de mando e control e o núcleo loxístico da organización operativa, así como unha batería de mísiles HAWK. Ao núcleo de lume engádense así mesmo unha batería de mísiles NASAMS do RAAA 73 (Cartaxena-Murcia), unha batería de mísiles portátiles MISTRAL e unha batería de canóns 35/90, ambas as do RAAA 71 (Fuencarral-Madrid). A Unidade de Transmisións do MAAA (UTMAAA) garantirá a ligazón e integración da UDAA no SMC. Ademais unha Compañía de Infantería do RINF 3 (Pola de Siero- Asturias) desenvolverá cometidos de protección da forza no despregamento. Despregarán 450 efectivos. Nesta activación non está previsto utilizar munición real.

Nas datas indicadas, o Xefe do MDOA contará para a súa misión, ademais de con a UDAA do Exército de Terra, coa Fragata F-101 Álvaro de Bazán da Armada. Prevese tamén actividade aérea de cazas do Exército do Aire na zona.

Exit mobile version