Mondoñedo, 15 de setembro de 2016. O vindeiro 18 de setembro a “Taberna do Valeco”, situada no Barrios dos Muíños de Mondoñedo, quere celebrar con todos os seus clientes, amigos e veciños que cumpre 60 anos.
“O domingo día 18 a partir do mediodía convidamos a todos os que se acheguen á nosa Taberna a celebrar o noso 60 aniversario. Vai ser un día de celebración, de reencontros e de amizade. Quero anunciar tamén que haberá un pincho especial para todos os que se acheguen ata o noso Barrito”, sinala Pepe do Valeco.
“O que pretendemos con esta celebración Lola a miña muller, xunto con toda a miña familia, é pasar unha xornada alegre, divertida e chea de anécdotas e bos momentos, e para facelo nada mellor que acompañalo con viños, vermú, cervexas,.., empanadas, tortillas e todo o que poidamos ofrecer”, explica o Valeco.
“Esperamos ver a todos os nosos amigos, a todos os nosos veciños e a toda a nosa clientela o domingo día 18 na Taberna do Valeco, para brindar polo futuro con saúde e alegría. Vémonos no Valeco”,concluíu Pepe.