Site icon Crónica3.com A Mariña

A ETL Altair Galiza amplía ata o 22 de setembro o prazo de inscrición no curso de monitores en Burela

A ETL Altair Galiza amplía o prazo até o próximo 22 de setembro para inscribirse no CURSO DE MONITORXS DE BURELA homologado pola Xunta de Galicia. Trátase dun curso extensivo teórico-práctico de 200 horas teóricas máis 150 de práctica.

A sede provisional para este curso na Mariña será Burela e desenvolverase os sábados e domingos do 24 de setembro ao 27 de novembro. En función das necesidades horarias e de acordo cos participantes poderán liberarse tardes de domingos, supridas por tardes de venres.

O prezo da inscrición é de 260 euros, cunha entrada de 50 euros, con posibilidade de pago en tres prazos de 70 euros máis entrada. No caso dos membros das equipas educativas de Altair ou persoas que desexen pertencer ao voluntariado educativo de Altair, o prezo será de 75 euros.

INCLÚE: SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL, PÓLIZA DE ACCIDENTES PARA O ALUMNADO, MATERIAL E ACTIVIDADES, DESPRAZAMENTO AO LUGAR ONDE SE DESENVOLVA O MÓDULO DE CAMPISMO.

Exit mobile version