A membro da directiva de Amado Lar Nuria García explicou que “é unha mostra que se fai anualmente. Haberá un pasarrúas que se fai desde a Casa da Cultura de Ferreira ata a praza Santa María, que é onde nos xuntamos todos. Este ano somos tres grupos e faremos alí as actuacións”.
Nuria García explica que “tentaremos saír da Casa da Cultura ás oito e sobre as oito e media chegaremos á praza. Empezaremos a actuar as Cantareiras de Amado Lar e despois van os grupos que temos, de Oviedo e de Cerdido. A entrada é de balde e colabora con nós a Concellaría de Cultura do Concello de O Valadouro. Se chove temos previsto trasladalo ao salón de actos da Casa da Cultura”.