Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove celebra as festas de San Bartolo e a Virxe do Carme entre o 18 e o 22 de agosto

pres-festas-xoveO Salón de Plenos do Concello de Xove acollía este venres a presentación do programa das festas patronais de Xove San Bartolo 2013 coa presenza de Demetrio Salgueiro, Alcalde de Xove; Dolores Meitín, Concelleira de Cultura; Cristina Iglesias, Concelleira de Deporte e Turismo; Andrés García, José Carlos Cociña, Benigno Canoura e Luis Pico Rey, da comisión de Festas San Bartolo.

Xoves 18 de agosto: Día dos Nenos
16.00 horas: Chrystyan Magic co espectáculo “Don Quijote”. Salón de Actos do Centro Cívico.

17.00 horas: parque infantil Diverneno na praza do Concello (inclúe un inchable de auga).

21.30 horas: pregón das festas no salón de actos do Centro Cívico a cargo de Marica Campo.

Venres 19 de agosto
20.00 horas: sardiñada popular animada pola Charanga de Neda. Tickets: 2 euros.
Venda solidaria de postre caseiros en colaboración coa Asociación Protectora de Animais Axóuxere de Xove.

23.00 horas: verbena con ATENAS

Sábado 20 de agosto
Pasarrúas con Saíñas pola mañá.

13.00 horas: misa solemne na honra a San Bartolo coa orquestra de cámara de Xove. Procesión con Saíñas.

14.30 horas: sesión vermú con orquestra Pontevedra.

20.30 horas: Festival de Saíñas no pavillón municipal.

22.30 horas: verbena coas orquestras PARÍS DE NOIA e PONTEVEDRA.

Domingo 21 de agosto
Pasarrúas coa Banda Naval de Cornetas e Tambores de Viveiro pola mañá.

13.00 horas: misa solemne na honra á Virxe do Carme coa participación do coro parroquial Louvanzas Novas de Xove. Procesión coa Banda Naval.

14.30 horas: sesión vermú coa orquestra Televisión.

18.00 horas: torneo de fútbol Concello de Xove no campo municipal de Xove.

20.00 horas: exhibición de bailes de salón no pavillón municipal de Deportes.

22.30 horas: verbena coa orquestra TELEVISIÓN e grupo FÉNIX.

Luns 22 de agosto: festivo local

IV Open de Padel San Bartolo
Do 15 ao 19 de agosto, IV Open de Padel San Bartolo na pista municipal.

Exit mobile version