O Salón de Plenos do Concello de Xove acollía este venres a presentación do programa das festas patronais de Xove San Bartolo 2013 coa presenza de Demetrio Salgueiro, Alcalde de Xove; Dolores Meitín, Concelleira de Cultura; Cristina Iglesias, Concelleira de Deporte e Turismo; Andrés García, José Carlos Cociña, Benigno Canoura e Luis Pico Rey, da comisión de Festas San Bartolo.
Xoves 18 de agosto: Día dos Nenos
16.00 horas: Chrystyan Magic co espectáculo “Don Quijote”. Salón de Actos do Centro Cívico.
17.00 horas: parque infantil Diverneno na praza do Concello (inclúe un inchable de auga).
21.30 horas: pregón das festas no salón de actos do Centro Cívico a cargo de Marica Campo.
Venres 19 de agosto
20.00 horas: sardiñada popular animada pola Charanga de Neda. Tickets: 2 euros.
Venda solidaria de postre caseiros en colaboración coa Asociación Protectora de Animais Axóuxere de Xove.
23.00 horas: verbena con ATENAS
Sábado 20 de agosto
Pasarrúas con Saíñas pola mañá.
13.00 horas: misa solemne na honra a San Bartolo coa orquestra de cámara de Xove. Procesión con Saíñas.
14.30 horas: sesión vermú con orquestra Pontevedra.
20.30 horas: Festival de Saíñas no pavillón municipal.
22.30 horas: verbena coas orquestras PARÍS DE NOIA e PONTEVEDRA.
Domingo 21 de agosto
Pasarrúas coa Banda Naval de Cornetas e Tambores de Viveiro pola mañá.
13.00 horas: misa solemne na honra á Virxe do Carme coa participación do coro parroquial Louvanzas Novas de Xove. Procesión coa Banda Naval.
14.30 horas: sesión vermú coa orquestra Televisión.
18.00 horas: torneo de fútbol Concello de Xove no campo municipal de Xove.
20.00 horas: exhibición de bailes de salón no pavillón municipal de Deportes.
22.30 horas: verbena coa orquestra TELEVISIÓN e grupo FÉNIX.
Luns 22 de agosto: festivo local
IV Open de Padel San Bartolo
Do 15 ao 19 de agosto, IV Open de Padel San Bartolo na pista municipal.