Alfoz 25-8-16. Este sábado 27 de agosto ás 20 horas celébrase nas dependecias do Castelo de Castrodouro en Alfoz unha nova edición de Teatro no Castelo, que cumpre desta volta a súa terceira edición.
A interpretación será levada a cabo polo Clube Teatral Elsinor da Coruña repetirá por segundo ano consecutivo, despois da interpretación de “Medea” e “A técnica do Taratantaleo” o verán pasado. Nesta ocasión serán os encargados de presentarnos a obra “Xente de pálida pel”, con actores tan coñecidos como Manuel Lourenzo, Cristina Fuentes, Xosé Martínez, Carme Martínez e Xulia Miguel. Polo escenario, a ras de público e sen telón, desfilarán persoas e imaxes do mundo máxico de Álbaro Cunqueiro, baixo a dirección de Manuel Lourenzo.
A Área de Cultura e Turismo do Concello de Alfoz convida a todos os amantes do teatro a asistir a esta función interpretada nun marco incomparable como é a torre do Castelo de Castrodouro, recordando que a entrada será gratuita.