O campo de Sta. Cruz acollía este mércores 17 de agosto a presentación dos atletas que formaron parte esta pasada temporada da sección de atletismo das Escolas.
No acto estivo presente a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Rocío López e o presidente das Escolas, D. Pablo Maseda.
Todos os atletas que queiran incorporarse a esta sección terán de prazo ata o venres 23 de setembro; data na que se dará por pechada a sección.
Maderas Barcia continuará un ano máis patrocinando unha das seccións máis laureadas das escolas, polo que este ano se renovará a equipación que será presentada en breve cun vestiario que volverá a incidir nas cores do club: branco, vermello e negro.
O vindeiro sábado as balas do Maderas Barcia estarán na Nocturna Popular de San Ramón en Vilalba e o domingo na Figueras Solidaria en Castropol.