Burela 25-8-16. A escritora Rhodéa Blasón asinará exemplares do seu libro “Pedazos de mi alma” na Feira do Libro de Burela, o venres 26 de agosto a partires das seis da tarde. A autora, coñecida nos medios literarios máis especializados como a Dama do Suspense, ten unha reputación impecable entre os escritores considerados como “as revelacións literarias máis importantes de fináis do século XX”, tal e como queda indicado polo índice de ventas dos seus libros, as numerosas edicións que de eles se fan e o trato tan especial que lle da a crítica.
Sagaz periodista de profesión, moi preocupada pola realidade social que vivimos na actualidade, é unha excelente representante da palabra escrita nos seus libros e nos seus artigos publicados na prensa escrita tanto a nivel nacional como internacional. Persoa de grande sensibilidade, moi cercana aos seus lectores e implicada en múltiples loitas como a do cancro, violencia de xénero, enfermedades raras, alzhéimer, párkinson, …, ten como Musas a Natureza e as Relacións Sociais que sabe desmenuzar maxistralmente nos seus libros. E unha prolífica escritora que nunca quixo encasillarse en ningún xénero, ainda que é moito máis respetada polos seus escritos de suspense que polas súas obras costumbristas ou poéticas, todas elas de grande calidade.
A escritora lucense, escribe moito máis en castelán que en galego, chegando ó mercado latinoamericano que avala os seus innumerables éxitos e premios acadados a nivel internacional donde é comparada aos premios Nobel Gabriel García Márquez ou Alice Munro. “Pedazos de mi alma” libro que firmará na Feira de Burela é lectura recomendada en institutos de diversas comunidades autónomas e consta de relatos e poemas.
No mes de septembro verá a luz un novo libro de Rhodéa Blasón titulado “El gemelo imperfecto”, íntegramente adicado ó xénero negro e, pouco despois, sairá un novo volumen co inspector de policía Juan Presto como protagonista que se desenrolará na localidad astur de Avilés. Rhodéa Blasón fai sempre un guiño a Galicia nos seus escritos, ubicando tramas en lugares tanto do interior como da costa, ainda que non dubida en compoñer esceas en países do extranxeiro que lle transmiten emocións, xa que é unha viaxeira imparable.