Site icon Crónica3.com A Mariña

Sendeirismo pola costa occidental da Mariña

sederrUnhas 45 persoas participaron na ruta de sendeirismo duns 10 km programada para este mércores 17 de agosto dentro dos Mércores de Natureza nunha mañá moi propicia para a práctica do sendeirismo. Os camiñantes puideron disfrutar dunhas fermosas vistas sobre a costa occidental da Mariña de Lugo, da riqueza xeolóxica da zona de Fuciño do Porco (Punta Socastro) e, por suposto, das praias de Abrela e Area Grande e das calas de Alegrín e Porto de Val, así como a cetárea de Medas do Castro. A próxima ruta, a que rematará as edicións dos mércores de natureza por este verán, será o mércores 24 de agosto ás 10.00 horas co descenso do Río Sor en kayaks.

Exit mobile version