Unhas 45 persoas participaron na ruta de sendeirismo duns 10 km programada para este mércores 17 de agosto dentro dos Mércores de Natureza nunha mañá moi propicia para a práctica do sendeirismo. Os camiñantes puideron disfrutar dunhas fermosas vistas sobre a costa occidental da Mariña de Lugo, da riqueza xeolóxica da zona de Fuciño do Porco (Punta Socastro) e, por suposto, das praias de Abrela e Area Grande e das calas de Alegrín e Porto de Val, así como a cetárea de Medas do Castro. A próxima ruta, a que rematará as edicións dos mércores de natureza por este verán, será o mércores 24 de agosto ás 10.00 horas co descenso do Río Sor en kayaks.
Sendeirismo pola costa occidental da Mariña
Sendeirismo pola costa occidental da Mariña
Relacionado
-
Catro alumnos do IES de Foz visitan o centro homólogo de París Lycée Guillaume Tirel
-
Este sábado, 18 de xaneiro, Cervo, celebrará o primeiro Guateque de Arruguiñas deste ano
-
O documental “Ecos de Saudade, retrato en si bemol” de Maria Acuña Rodriguez e Manuel Vázquez González, seleccionado para os premios Mestre Mateo do audiovisual galego