Rhodéa Blasón sinalou que algún escritor estranxeiro, compañeiro de antoloxías, di dela “que ten maxia na súa pluma”. Leu un dos poemas que forman parte do libro presentado facendo emocionarse ó público presente no acto pola profundidade das súas palabras. Tamén explicou que aínda que “non me pecho só a un xénero literario porque non me gusta encasillarme, os meus lectores seguen solicitándome textos do xénero negro. Escribo narrativa, pero se teño que elixir dedícome á poesía”.
A autora non deixou de sorrir nun só momento durante a presentación, nin o longo do serán. As súas palabras e os seus xestos transmitían unha paz inusual coa que logrou conquistar ó publico presente e ós seus entrevistadores, á vez que lles facía rir a eles tamén.
Rhodéa Blasón avanzou que o próximo mes verá a luz un novo libro asinado por ela e titulado “El gemelo imperfecto” dedicado ó xénero negro e pouco máis adiante publicará un novo volumen das aventuras do inspector de policía Juan Presto. Avanzou pequenos detalles cos que intrigou os seus lectores, quenes xa lle preguntaban o lugar de presentación destes novos libros o que ela aínda non desvelou.
Sen dúbida, Rhodéa Blasón non deixou indiferente a ninguén en Burela nin os seus lectores que se desplazaron á localidade para coñecela en persoa.