Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematou as súas actividades a ocioteca de Burela, que estivo operativa durante as mañás dos meses de xullo e agosto para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar

310816 Foto remate ociotecaBurela , 31 de agosto de 2016. Hoxe remataron as actividades da ocioteca de Burela, que durante os meses de xullo e agosto mantiveron entretidos aos máis pequenos, de entre 3 e 12 anos, dende as 9 da mañá ata as 13:30 h.

Moitas foron as actividades que se levaron a cabo durante este tempo: manualidades, excursións, talleres de cociña, zumba, contacontos, espectáculos de maxia, espectáculos musicais…e un senfín de propostas que divertiron aos mais pequen@s de Burela.

Noelia María Ben, a concelleira de Medio Ambiente, comentou que “este servizo está moi solicitado entre os pais, xa que lles soluciona un problema que xurde todos os veráns, conciliar a vida laboral e familiar. Quero agradecer a todas as voluntarias que, de xeito desinteresado, dedican a mañá dos veráns a axudarnos co desenrolo da ocioteca”.

Como remate final hoxe todos os usuarios da ocioteca disfrutaron dunha festa no Activity Center na que houbo tirolina, rocódromo, colchonetas, merenda e festa da espuma.

Exit mobile version