Dentro do programa de obradoiros e actividades de verán que oferta o Museo Provincial do Mar de San Cibrao, este venres, día 12 de agosto, levouse a cabo o taller Vidreiras. Neste obradoiro os pícaros viaxaron a través da historia para coñecer a luz e a súa importancia, dende o descubrimento do lume ata os nosos días. A luz, as sombras e as cores foron as súas fontes de inspiración para facer os seus propios deseños de vidreiras que quedaron espectaculares.