Esta agrupación coral, con base no Val Miñor, “posúe un repertorio extraído da tradición musical galega, prestando tamén atención especial a novas composicións sobre poemas de autoras e autores galegos. Entre os seus propósitos principais están a interpretación, a divulgación e a restitución da música coral tradicional galega con acompañamento instrumental, así como o uso e divulgación do traxe tradicional, sendo obxecto de atención especial e de emprego habitual o idioma galego, asumindo aquelas palabras que Valentín Paz Andrade colocara no seu libro Galicia como tarefa”, segundo se explica no cartel anunciador do concerto.
Cantares do Brión está integrado na actualidade por 50 persoas e diríxeo dende a súa fundación Pablo Rial Salgueiro. En maio de 2014 publicou o seu primeiro disco, titulado Arruídos.