No evento, que se desenvolveu onte, mércores, os nenos e nenas puideron gozar de inchables e festa da escuma. A concelleira de Xuventude e Deportes, Mercedes González, entregoulles a cada un unha orla para que a garden como recordo da súa participación nestas actividades de verán organizadas polo Concello focense.
A edil Mercedes González explicou que “ao longo destes dous meses máis de 100 nenos e nenas pasaron as mañás connosco, con actividades diversas: olimpíadas na praia, xogos de socorristas, obradoiros, multideporte, sendeirismo, kaiaks,… De luns a venres de 10:30 a 13:30 horas non só gozaron das actividades senón que fixeron amizades e alégranos saber tanto por boca dos e das participantes como de seus pais, nais, avós e avoas, o ben que o pasaron e as gañas de repetir para o verán que vén”.
Mercedes González quixo tamén agradecer aos monitores “o traballo realizado durante estes dous meses, nos que os nenos e nenas lles colleron un tremendo agarimo”.