O concelleiro de Deportes explicou que “esta actividade de surf, que se ven celebrando en San Ciprián durante os últimos nove anos de xeito consecutivo, conta con unha gran animación e participación. As actividades darán comezo as 11:00 horas coa inscrición, na que se prevén asistentes de diferentes lugares de Asturias e Galicia ademais dos propios da Mariña luguesa, para rematar sobre as 18:30 horas. Aparte da propia competición, o club Limosa Surf impartirá a partir das catro da tarde prácticas de iniciación para os nenos de xeito gratuíto. Durante a celebración do evento tanto os participantes como os espectadores poderemos gozar de música ambiental ofrecida por Disyeis”.