Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Alfoz impulsa unha ruta circular pola Serra do Xistral ata a Pena Abaladoira

O Concello de Alfoz organiza unha ruta á Pena Abaladoira para este sábado 20 de agosto.

Trátase dunha ruta circular con saída na ponte de Gilifonso (O Pereiro) de 8 km de percorrido de dificultade media que se completa nunha media de entre 2 horas e media e 3.

Tras unha subida de pouco desnivel a ruta conduce a unha zona cha composta por matorral baixo, turbeiras, brezais… Seguindo camiño ata O Foxo queda á esquerda a Fraga de A Amoladoira, unha espesa masa de árbores autóctonas típicas e, á vez, escasas nesta serra. Xa de cheo na Serra do Xistral acompañarase o curso do río Ouro pola súa marxe dereito cara o seu nacemento onde se fai patente a natureza granítica deste ecosistema montañoso.

Dende aquí, comeza o ascenso á Pena Abaladoira nun desnivel pronunciado pero de pouco lonxitude que conduce directamente ao bolo granítico onde se pode disfrutar dunhas incribles vistas do val e da serra.

O camiño de volta dende a Pena Abaladoira será a través da estrada do Cadramón-Abadín. Esta parte compónse dun tramo chan no que se poderán contemplar unhas maravillosas vistas do Valadouro e Alfoz e tamén da Serra do Xistral para despois descender ata chegar ao punto de partida.

Exit mobile version