Site icon Crónica3.com A Mariña

O cabeza de lista do PP, Francisco Conde, manterá un encontro con empresarios, autónomos e comerciantes da Mariña lucense

francisco-condeViveiro, 28 de agosto de 2016.- O cabeza de lista dos populares lucenses ás vindeiras eleccións autonómicas, Francisco Conde, manterá un encontro de precampaña ao que están convidados empresarios, autónomos e comerciantes da nosa comarca.

O acto, organizado como un almorzo informativo, desenvolverase a partir das 8.45 horas do martes, 30 de agosto, no restaurante Louzao emprazado en Area (Viveiro). Tras breves intervencións inicias dos populares haberá unha quenda de preguntas dos asistentes.

Francisco Conde, número un da lista dos populares lucenses e conselleiro de Economía, Emprego e Industria, estará acompañado da presidenta dos populares lucenses e de integrantes da candidatura popular, entre outros, os mariñáns Jose Manuel Balseiro e Daniel Vega.

Desde o Partido Popular organizan estes foros co obxecto de render contas da acción de goberno ao longo da lexislatura que vén de rematar, acoller propostas e inquedanzas destes profesionais e presentar as liñas mestras dos seus compromisos nun eido tan importante para consolidar a recuperación económica, como é o empresarial, o dos autónomos e comerciantes e, en xeral o do emprendemento.

Exit mobile version