Site icon Crónica3.com A Mariña

O cabeza de lista de CxG por Lugo propón a creación do operador galego de ferrocarríl

Lugo 25-8-16. CxG dende o goberno da Xunta e dende o Parlamento reclamará da administración do Estado a competencia sobre os medios de transporte no territorio de Galicia. Esto conleva necesariamente o ferrocarríl.

No que atinxe a nosa Provincia, temos que certificar que Lugo é a grande, olvidada e obviada, das provincias galegas en materia de conexións por ferrocarríl. Dende os gobernos de Madrid, tanto de Rajoy coma de Zapatero foise desmatelando e deixando caer servizos tanto de RENFE coma da antiga FEVE: supresión de liñas, retrasos, falta de mantemento, horarios pouco realistas, supresión de posto de traballo, supresión de transporte de mercadorías. Sabemos que é o paso previo para privatizar, política ben prácticada polo PP e PSOE.

CxG ten as liñas políticas ben definidas neste eido, non so cumpremos os compromisos xa orzamentados(intermodal de Lugo) comprometemos as seguintes medidas:

• Aumentar as liñas que relacionan Lugo co resto de provincias tanto de vía normal como estreita(a Mariña).
• Aumento e racionalización de horarios de conexión con forá de Galicia.
• Recuperación do patrimonio do ferrocarril, xerando emprego, que é de todos, para aproveitamento dos veciños das vilas e pobos. Hoxe en día as estacións están olvidadas en estado ruinoso.
• Aumento de conexións provinciais: construcción do ferrocarril a Costa e a Montaña, forte pero necesaria inversión que xerará emprego.

O PP e o PSOE so se lembran do ferrocarril cando veñen eleccións.

XÓAN CARLOS PIÑEIRO DOCAMPO
CANDIDATO CXG LUGO.

Exit mobile version