Site icon Crónica3.com A Mariña

Novo éxito de Produart entre o 5 e o 7 de agosto en Burela

mayra-llano-produartA XIV edición de Produart que tivo lugar ao longo de toda a fin de semana en Burela estivo caracterizada pola riqueza e a calidade das propostas achegadas polos expositores participantes dende toda a xeografía galega e diversos puntos de todo o Estado.

Somos unha plataforma que ofrece ao consumidor-actor alternativas fundamentadas na sustentabilidade, a conciencia ecolóxica e o feito á man. Dentros destes princípios de riqueza e calidade pódense encadrar a exposición de productos de alimentación artesán e ecolóxica, os adicados as diferentes artesanias, a saúde , ao habitat e á enerxía como ven ocorrendo durante a celebración de Produart dende os seus comezos ata hoxe, cando a feira se atopa totalmente consolidada. Mais a isto temos que engadir, toda unha ampla oferta de actividades orientadas cara a difusión, a reflexión e o debate no contexto dos principios básicos que están na orixe de Produart: consumo e produción responsable e apoio ao pequeno produtor e artesán e á calidade dos seus produtos.

A feira abriu as súas portas o venres 5 a partires das 17.30 h. A Inauguración, que tivo lugar as 19.00 h. correu a cargo de Dona Mª García Bermudez. Deputada de Economía, Recaudación e Facenda da Deputación Provincial de Lugo,en representación de D. Dario Campos, Pte. Da Deputación, e que estivo acompañada do Pte. Da Fundación Expomar e Alcalde de Burela D. Alfredo LLano García e dun número importante de personalidades que acudiron á cita.

Tanto as palabras da Deputada, como as de D. Alfredo Llano foron de estimulo, agradecemento á organización e aos expositores/as que fan posible esta realidade Chamada PRODUART.

O Presidente da Deputación, D. Dario Conde, que por motivos de axenda, non puído compartir con nos o venres , visitounos o sábado e participou nas actividades programadas , felicitando á organización polas mesmas , e aos expositores/as por apostar por A Mariña , Burela e por PRODUART, facendo deste evento un referente na provincia de Lugo.

Este programa de actividades comezou o venres dia 5 de Agosto, cando tras a inauguración oficial da feira, se celebrou ás 20.30 a primeira mesa redonda adicada a “Alimentación e Saúde. Intolerancias Alimentarias. ”, Mesa redonda sobre alimentación saudable tratatada dendê o paradigma da psiconeuroinmuloía , a cargo de D. David Mariña , Osteopata , fisioterapeuta e Experto em Piconeuroinmuloxía Clínica. Tratou o tema da alimentación como parte dunha comprensión holística da persoa para acadar unha vida saudable. Á procura do equilibrio enerxético e a saúde como um estado de sensibilidade integral afrontando os desafios diários cognitivos e cun coñecemento mais axeitado e profundo do noso cerebro do noso corpo en xeral e do sistema inmune.

A cargo de Mª Teresa García , Diplomada em Enfermeria e Experta no mundo da celiaquía, leva 30 anos de presidenta da Asociación Galega de Celíacos. Fixo unha completa poñencia sobre, a sintomatoloxía, sobre a prevención , os coidados diarios e necesidade de estar ben informado para non caer nunha problemática maior.

Ademais do ciclo de mesas redondas, celebráronse diferentes actvidades no recinto feiral durante toda a fin de semana. O sábado pola mañán tivo lugar unha Cata de Aceite de Oliva, donde os /as participantes aprenderon a valorar

o aceite a través dos sentidos. Durante casi unha hora , os/as participantes puideron degustar , sabear , ulir, comprender e recoñecer moito millor as características e propiedades do aceite de oliva. Esta Cata estivo a cargo do premio Nacional de Catadores de Aceite 2016, D. Fermín Rodríguez, Dtor. De Aceites Vizcantar, empresa presente na feira e cun número alto de premios tanto nos aceites ecolóxicos como nos de produción artesanal.

Pola tarde chegou a hora das/os nenas/os, un público que en Produart se considera especialmente importante polo seu compoñente de futuro. Para eles, desenvolveuse un obradoiro de PINTACARAS e de XOGOS COOPERATIVOS.

A partires das 18.30 h ate mais das 20.00 h Produart encheuse de cor e do Espectaculo de Animación , levado por Virginia Muá , compoñente da Fundación Musilabus de Madrid e ilustradora . Este obradoiro “ Pintacaras Infantís da Natureza” ao través do xogo as/os nenas/os tiveron a oportunidade de transformarse nos animais e prantas que mais lles gostaban . Matias NIcieza ocupouse da parateatralización do obradoiro en modo de xogos interactivos e cooperativos.

Tanto o sábado, como o domingo dende a Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras de Burela “ AS ENCAIXEIRAS “ e a partires das 12.30h.fixeron a demostración desta complexa arte dos bolillos e que tanto gostan ao público asistente.

Tamén durante todos os dias da duración da feira, tivemos diferentes tipos de demostracións nos propios stands da feira, así como a posibilidade de participar en Video@ctiva, sección adicada as proxeccións de diferente tipo de documentais de tematica medioambiental, artesanal e ecolóxica.

Noutro orden de cousas e con respecto a datos precisos, é difícil manexar unha cifra exacta de visitantes, pero podemos falar que ao longo destas tres xornadas máis de seis mil persoas pasaron polo recinto e participaron de todas as súas actividades. Este domingo, pola tarde, quizais foi o día máis frouxo de participación. A procedencia oas/os visitantes foi moi variada, tendo en conta a estacionalidade turística da nosa zona.

Unha das constantes na enquisa presentada aos expositores e polo que temos comentado con eles / as ao longo destes días, é que o poder adquisitivo esta a baixar dunha maneira constante, en todas as feiras que participan.
Por outra banda , son conscientes da importancia de PRODUART , que nunca lles deixa indiferentes. Máis do 95 por cento das empresas participantes, xa reservaron o seu stand para a vindeira edición.

A organización, segundo Catalina Sánchez Luengo, “está moi satisfeita do resultado desta edición xa que foi felicitada pola práctica totalidadade dos expositores, así coma do público”.

Exit mobile version