Seguen aparecendo premiadas no primeiro sorteo do concurso fotográfico Mi Verano en Foz’16, que organiza o Centro Comercial Aberto focense. En Decoraciones Pura tivo lugar a entrega dunha toalla de Desigual á autora da foto ‘Windsurf por la ría’. A afortunada foi Rosana. Pero este xoves 18 de agosto, todas as persoas que estean enviando as súas imaxes a Mi Verano en Foz,16 teñen a posibilidade de levarse novos premios. Deberán estar moi atentas ás redes sociais e aos medios de comunicación.