Reunir bandas consagradas de España e América do Sur, nun intercambio cultural sen precedentes a este nivel. Bandas que coas súas letras denuncian a tolemia xeneralizada dun sistema que non funciona. Isto baixo o convencemento de que a música é capaz de provocar cambios na sociedade é a finalidade do festival Why Not Here Festival que se desenvolve entre este xoves 11 ao domingo 13 de agosto en Foz.
Macaco, Loquillo, Mago de Oz, Soziedad Alkoholika, Def con Dos, Reincidentes, Ciclonautas, Once Tiros, Dakidarría, Abuela Coca, Festicultores, La Desbandada, Arrhythmia, Escuela de odio, Snake, Reytoro, Deville, El Chamuyo, El sombrero del abuelo, Pussycatkill, Antibanda, Gonzalo Brown e Tarascada conforman o cartel deste festival.
Despois dos dez concertos deste xoves, ás 16.00 horas deste venres 12 de agosto Tarascada porá música á tarde que seguirá con Deville, Ciclonautas, Def con Dos, Snake, Loquillo, Reytoro e Mago de Oz.
O sábado 13 pechan o festival as actuacións, tamén a partir das 16.00 horas, de: Antibanda, Escuela de Odio, Dakidarría, Reincidentes, Once Tiros, Soziedad Alkoholika, Siniestro Total e Pussycatkill.
Actividades complementarias
Ademais do magnífico escenario de 18 metros de ancho onde poderemos ver aos grandes artistas que conforman o cartel, teremos zona de acampada (incluída no prezo) con todos os servizos, zona de mercado, con artesanías, tatoos, e postos de comida variada, desde hot dogs, ata comida vegana ou pasteis.
Tamén, e para favorecer a participación de familias rockeiras, teremos actividades para nenos de ata 12 anos. As actividades do WNHFest Junior van destinadas a que sexa o/a neno/ao protagonista, tentan que sexa partícipe tanto da xestión da actividade como da realización da mesma. Así como potenciar a súa autonomía e creatividade desde o xogo e a aprendizaxe. As actividades adaptaranse dependendo das idades dos participantes e os pais e nais poderán acompañarlles se é o seu desexo.