Site icon Crónica3.com A Mariña

Investigado un conductor que circulaba a 221 km/h pola A8

Lugo, 12 de agosto de 2016 – Pola Garda Civil de Tráfico de Lugo procedeuse este xoves a recibir declaración en calidade de investigado dun condutor en base a un suposto delito contra a Seguridade Viaria (conducir un vehículo superando os límites de velocidade establecidos).

Estes feitos ocorrerían o día 9 de xullo de 2016 á altura do quilómetro 561,600 da autovía A-8 (Behovia-Baamonde), cando o referido condutor foi detectado por un Equipo Radar do Subsector de Tráfico de Lugo circulando cun vehículo Audi-3 a 221 km/h, cando a velocidade xenérica da vía está establecida en 120 km/h, non sendo posible a identificación do condutor nun primeiro momento.

Polo Grupo de Investigación e Análise do Subsector de Tráfico de Lugo (Grupo G.I.A.T.), unha vez comprobados os feitos e realizadas as investigacións preceptivas, procedeuse á instrución das dilixencias correspondentes e a posta a disposición xudicial do referido condutor.

Exit mobile version