Site icon Crónica3.com A Mariña

Este mércores, comeza en ribadeo o V Fórum de innovación e formación sobre vehículos.

forum folleto 2016Ribadeo, 30 de agosto de 2016. A quinta edición do Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, organizado pola asociación APAGA, comeza este mércores, no hotel O Cabazo, de Ribadeo.
Este evento formativo desenrolarase ó longo de 21 horas e concluirá o día 2 de setembro, venres. Está destinado a profesores da familia de Transportes e Mantenemento de Vehículos, profesionais do sector do automóvil, alumnos de Formación Profesional, alumnos universitarios e afecccionados ao mundo do motor.

Os obxetivos son establecer un punto de encontro entre o profesorado da familia profesional de Transportes e Mantenemento de Vehículos; coñecer as últimas tecnoloxías que se están a aplicar nos vehículos; realizar talleres de climatización, soldadura, diagnose, aerografía e reparación de plásticos; integrar aos traballadores en activo nos procesos de formación ao longo da súa vida laboral; avaliación e difusión das accións europeas realizadas pola asociación APAGA neste 2016; e presentación do novo proxecto denomiñado Coñecemento e formación para a empregabilidade.
As actividades inician este mércores, ás 9 e media da mañán e concluirán cunha charla que está programada para o venres ás 13 horas.

Máis dunha vintena de empresas do sector da automoción participarán nesta cita, á que acudirán 32 poñentes que falarán sobre os últimos avances aplicados á tecnoloxía do automóvil. O número de inscritos achégase aos 70.

Exit mobile version