Estupor causa a rolda de prensa dos Deputados do PP que “representan” a Mariña no Parlamento, segundo Juan Carlos Piñeiro Docampo.
“A Mariña sae ganando con Feijóo” slogan moi comercial que pretenden converter nun mantra. Non é certo señores Deputados do PP, os indicadores son peores hoxe, no 2016. Pero dende CxG non vamos a usar datos que cansen aos mariñans, só vamos pedir aos veciños que valoren:
• A Mariña gaña con Feijóo? Hoxe temos menos opcións de traballo, empresas pechadas na “era Feijóo”: Albo, Montajes San Ciprián, ECESA, Gres Burela, Contrucciones Mon, Ecar, CAG, Contrucciones Coto, parquets Lorenzo, maderas Lorenzo, IPV, RYME … QUE FIXO FEIJÓO NADA.
• A Mariña gaña con Feijóo? Empresas que reduciron plantilla: Alcoa, Vestas, Electromecanicos A Mariña, Sargadelos, Molineros, Mobles Hermida, Costiña … QUE FIXO FEIJÓO NADA.
• A Mariña gaña con Feijóo? No tempo que leva en construcción a vía rápida da Mariña(San Ciprián-Viveiro) fíxose o canal de Panamá, e mentras, tardamos máis en ir a Viveiro que a Lugo. QUE FIXO FEIJÓO NADA.
• A Mariña gaña con Feijóo? No relativo o NOSO HOSPITAL, soamentes temos que sinalar que nunca antes os mariñans visitamos tanto a capital da provincia, xa que cada día somos máis os dereviados a Lugo. QUE FIXO FEIJÓO NADA
Dende CxG reclamamos máis seriedade, menos triunfalismo e un pouco máis de humildade no servicio público, porque eso son os deputados, servidores públicos. No PP confunden eso con ser servidores de Feijóo.