Site icon Crónica3.com A Mariña

Cun paseo no tren turístico de Ribadeo rematou o programa onstruíndo o verán, ao que acudiron vinte nenos e nenas de primaria do 12 de xullo ao 25 de agosto

250816 Foto remate Construindo o veranRibadeo, 25 de agosto de 2016. Cun paseo no tren turístico de Ribadeo rematou hoxe Construíndo o verán, o programa de reforzo escolar que organiza na época estival a Concellaría de Servizos Sociosanitarios e que se levou a cabo nas instalacións do edificio da Escola Oficial de Idiomas.

Un equipo formado por tres voluntarias e a educadora familiar encargáronse de prestar ese reforzo escolar desde o 12 de xullo ata o 25 de agosto. A concelleira Sonia Meilán “agradece o traballo das voluntarias, porque sen elas esta actividade non podería levarse adiante”.

Foron vinte nenos e nenas de primaria os que acudiron neste verán de 2016 ao programa Construíndo o verán. A edil de Servizos Sociosanitarios acompañounos hoxe na última xornada da actividade.

Exit mobile version