XOVE CONCILIA é, básicamente, un programa de conciliación da vida familiar e laboral destinado ás familias de Xove durante os meses de xullo e agosto.
O Programa, dirixido dende as Concellerías de Deportes e de Servizos Sociais, destinouse a nenos e nenas de 4º de Infantil a 4º de Primaria. 36 menores participaron nas diferentes actividades, desenvolvidas en horario de 10:00 a 14:00 horas. Coa finalidade de que a maior parte das familias se puideran beneficiar deste proxecto de conciliación, durante o mes de xullo puidéronse anotar tamén os nenos e nenas nacidos no ano 2013, para participar durante o mes de agosto, co cal, ao final, cun total de 45 nenos/as que pasaron este verán polo Programa.
En canto ás actividades desenvolvidas, foron: xogos de todo tipo, talleres, bailes, etc. Destacar, dentro de todo o traballo feito, a espectacular maqueta de Xove realizada polos nenos durante o programa