Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta solicita a colaboración dos cazadores para intensificar a acción cinexética sobre o xabaril nas zonas con maiores danos

Santiago, 30 de agosto de 2016.- A Xunta de Galicia, a través das consellerías de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e de Medio Rural, vén de solicitar a colaboración dos cazadores para intensificar a acción cinexética sobre o xabaril, co fin de evitar os danos nos cultivos que esta especie está a ocasionar, sobre todo naquelas zonas nas que se rexistraron un maior número de incidencias.

A directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz, e de de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias; Belén Do Campo, mantiveron esta mañá unha reunión co presidente de Federación Galega de Caza, Javier Nogueira Diz, ao que lle trasladaron esta decisión para paliar os danos que o xabaril está provocando e dos que se ven tendo coñecemento nas últimas semanas.

O presidente da Federación galega de Caza e as súas federacións provincias asumiron esta mañá o compromiso de intensificar esta presión sobre esta especie cinexética, unha medida compatible e lóxica dada que xa está aberta a tempada de caza.

No encontro os membros da Federación trasladaron que esta esta presión debe exercerse sobre todo naqueles puntos conflitivos, onde o xabaril está a ocasionar un maior dano. Segundo os últimos datos dispoñibles, as zonas con maior densidade de poboación da especie concéntranse no interior da Coruña e comarca de Ferrolterra; na Mariña lucense, Na Comarca do Deza e en zonas do sur de Lugo e interior de Ourense.

Exit mobile version